Páxina editada 40 veces. Última modificación: Mar 26, 2017 4:57 am GMT

Caracterización

(Marco Andrade)
"Galiza atravesa a época do franquismo, na que o galego padece un ataque brutal , na que dun día pra outro desaparecen xornais e revistas ( A Nosa Terra, Nos). Imponse libros, de lectura obrigatoria, sobre o patriotismo, tamén se chegou a límites de repartir panfletos nos que indicaban que o galego era unha lingua de bárbaros.
Moitos dos funcionarios se non falaban castelán eran destituídos , e se non eras funcionario e eras contario ao réxime e falabas galego, podías acabar no cárcere, fusilado ou noutros casos tiñas que emprender un apurado exilio, cara sudamérica como fixo moita xente: nos anos 40- 115000 persoas, e nos anos 50- 237000, moitas destas persoas foron para Bos Aires que convertiuse nun gran centro cultural galego "

C.jpgEmilio Pita



(Iria e Hugo)

Emilio Pita
Emilio Pita

VIDA
Emilio Pita naceu na Coruña en 1909 e con tan só doce anos emigrou a Bos Aires. Regresou á Galiza cando se proclamou a II República, onde viviu durante os anos 1933 e 1934. Logo marchou de novo e non voltou. Aínda que non foi exiliado, tivo un contacto estreito con eles, e colaborou desde o exterior coa causa do galeguismo, polo que a nostalxia de Galicia pódese ver reflictida nas súas obras.

Na década dos trinta comezou a colaborar con publicacións nacionalistas da propia Galiza, escribindo artigos para a Revista Nós de Santiago e Yunque de Lugo.

Ademáis de poeta e xornalista foi tamén musicólogo, o cal influirá de cheo na súa creación en verso, a cal garda unha manifesta relación coa música. De feito, a música e as cantigas valéronnlle en máis de un poema para evocar a infancia e o paraíso perdido.O seu amor pola música galega levouno a fundar o cuarteto Ultreya coa finalidade de difundir a nosa música tradicional e participar na dirección artística do Coro Lembranzas de Ultreya, fundado en 1932. Morreu en Bos Aires en 1981.


external image KevPp1Mt5LePFy2dRRNH1k6gduyZ7P74oL9CDFx_NHXujacmiB7O3G2V5SFj_FMj_4SUGisdNVIFHxhJXgGQFgrBUudgW3AB4LBBKatBqE_mfIUxcsFAEAa8FheMcW3m0BHILVxmiw


OBRAS
En 1942 publicou Jacobusland, o seu primeiro poemario e un dos primeiros libros publicados na etapa do exilio que conten ilustracións de Castelao. Trátase dun libro onde sobreasae por riba de todo a traxedia da Guerra Civil, e no que o poeta pon de manifesto a inxustiza da barbarie (atraso cultural, social, tecnolóxico...) e do exilio.

external image TW5R0FmJnU64foXhiqvWhFxxYzdJYIMRJTHB9MDPae2-wfQUZbY9rSVVYFe1fCB1KtpptVx11eWGTzV9nH1qKBIRxf-bHsy5eP9H84jEgjZwAqW6bVMZPTmfSUaTbEysZSEN8jwTlgO ronsel verdegal (1964) libro de romances, panxoliñas, cantigas e lelías en que se suceden imaxes sinxelas procurando sensacións inconcretas pero melancólicas

external image Bkwfx63zlH5OQc88vI6AG23YDPSXk1Wew-S6G2mlEFWX8-MsfS0_V1SYPPbbHZV8hXuTd85Sj7eNb4li0lyqgTlIUyFISqD_q21Y_xwL6BzlSy0ra2qXQNeyRJL90u8myVDq7rvewQ








Serán (1974) en que se mestura o canto a Buenos Aires, aos barrios, ás cantigas populares arxentinas, e a nostalxia da Terra e a arela do regreso.


external image VryWbhfR0UsOc9NKAu68FUc7SLUYpf-Flg7VXLdq8P1MCL3giiHnmVPN6k0Q-wmO5Ku8r_kMc95EcTznnENgGfB2nZH03aaBCoIq59FIJuAaWoRl0NzsR9bMul5ONljevRVyEvxIxA
En 1944 publica Cantigas de nenos, un poemario que consta de 13 cantigas dedicadas
aos nenos. Moitas delas están relacionadas coa natureza.










Para saber máis sobre Emilio Pita podes consultar as seguintes ligazóns:
  1. https://gl.wikipedia.org/wiki/Emilio_Pita
  2. http://enciclopediadaemigraciongalega.com/biografias/pita_emilio.htm
  3. http://literaturagalega.as-pg.gal/index.html

Luís Seoane

(Noa Fernández e Eva)

BIOGRAFÍA
Naceu o 1 de xuño de 1910 en Bos Aires, a súa vocación foi dende sempre a pintura, a ilustración de libros, a literatura e a loita progresista.
Luís Seoane, artista gráfico e poeta
Luís Seoane, artista gráfico e poeta
En1916 instálase en A Coruña onde realiza os seus primeiros estudos, cursa o bacharelato en Santiago e licenciase en dereito e ciencias sociais en 1932.
En 1963 incorporouse ao movemento de reactivación da cultura galega, e, xunto con Isaac Díaz Pardo crea o Laboratorio de Formas de Galicia.
Ingresou nas fileiras do galeguismo primeiro como secretario en 1931 da Agrupación Nazonalista e no ano seguinte como militante da Unión Socialista Galega.
Fundou Resol con Arturo Cuadrado e ilustrou os primeiros poemarios de Álvaro Cunqueiro.
Deseñou o cartaz da Frente Popular da que formaría parte o partido Galeguista, a favor do Estatuto de Autonomía.
Exiliouse a Bos Aires tras a guerra civil en 1936 onde publica baixo pseudónimos artigos sobre o terror fascista.
Tamén dirixiu a revista Galicia así como Galicia Emigrante entre 1954 e 1959.
Morreu o 5 de abril de 1979 e adicóuselle o día das letras galegas en 1994.
Creouse a Fundación Luis Seoane a mediados dos anos noventa.


OBRA
Fexternal image seoane.jpg?osCsid=zfsfltzncmardel D’Eisiliado (1952):

Foi a súa primeira obra poética trata os temas do exilio, da dor, da amargura, da protesta.
Escrito dende Bos Aires ata Vigo onde a xente se emocionaba con estes poemas.





external image 51ftKYiAe-L._SX351_BO1,204,203,200_.jpg
Na Bretama, Sant-Iago (1959):

Indica unha evolución hacia o recordo, a añoranza da terra natal.





external image 51539592_100457.jpg
As Cicatrices (1959):
Xunta un pouco dos dous libros anteriores; ten algo de épico, de histórico en De Torques (primeira parte do libro).
En As Cicatrices, propiamente, volve a surxir a protesta, a loita e tamén a esperanza.





external image 64458559.jpg


A maior abondamento (1972):

É a defensa do emigrante a Europa, aínda que tamén hai poemas que se refiren a Galicia e a América.
Mostra as preocupacións do autor: a vocación social e política, a memoria da nosa Historia e o seu amor polo mundo do Arte.





Para saber máis de Luis Seoane podes visitar as seguintes ligazóns:
Fundación Luis Seoane
Biblioteca Virtual Galega Luis Seoane
Historia da Literatura Galega Luis Seoane


Lorenzo Varela

(Arturo)

Lorenzo_Varela_01.jpg
Lorenzo Varela

Xesús Manuel Lorenzo Varela naceu o 10 de agosto de 1916 nun barco que ía cara a inmigración a Cuba (chamado "La Navarre"). Máis tarde, en 1920 debido a crise económica pola que atravesa a illa os seus pais deciden volver cara Galicia, despois, volve a emigrar, só que esta vez cara Arxentina.

En 1930 volve a regresar a Galicia e os seus amigos chamábanlle "O arxentino" debido a que estivo en Arxentina uns anos. Un ano despois de voltar a Galicia, Lorenzo Varela comeza os seus estudos de bacharelato.

Coa proclama da II república comezan a espertar as súas inquetanzas políticas, e as súas posicións cada vez máis radicais achégano ao trotkismo. En 1933 axuda a fundar as Mocidades Galegas de Lugo.

Ao rematar o bacharelato (en 1935) múdase a Madrid para estudar a carreira de Filosofía e Letras, comezando así a súa vida como cultural contactando con outros intelectuais, escritores, políticos e artistas galegos cos que quedaba nun café. Ademáis, en 1936, Lorenzo Varela comeza a publicar artigos de crítica no xornal republicano "El Sol". Lorenzo Varela axuda tamén a crear a "Alianza de Intelectuais Antifascistas para a Defensa da Cultura" na que forma parte xunto escritores coma Dieste, Rafael Alberti ou Antonio Machado.

Xa entrada a Guerra Civil, Lorenzo enrolouse como voluntario no fronte de batalla, onde tiña tempo para escribir ou dirixir distintos xornais, entre eles "El Mono azul" e "Hora de España".

Máis tarde, coa perda da Guerra Civil, o 10 de febreiro de 1939 atravesa os Pirineos cara o exilio e o 23 de maio dese mesmo ano, colle un barco cara México, onde retoma o seu traballo esta vez como codirector das revistas "Romance" e "Taller".


portada_revista_Romance.jpg Revista Taller V 1939 - Mediodia.org_thumb[5].jpg


En 1941, volve a emigrar, e esta vez volve a Arxentina, onde volve a encontrarse co seu pai. Na capital Arxentina, escribe algunhas obras e colabora en xornais do país e comeza a militar no Partido Socialista Arxentino.

En 1956, casa con Marika Gerstein, profesora de idiomas e anticuaria, unha muller culta de ascendencia xudía.

O 24 de marzo de 1976 volve a España e traballa en Madrid durante unha tempada. Un ano máis tarde, regresa a Galicia e crea o Instituto Galego de Información.

Dous anos máis tarde, en 1978, Lorenzo Varela falece nunha morte prematura por soidade. Foi enterrado no cemiterio da familia en Monterroso.

Obra:

Torres de Amor

lorenzo-varela-torres-de-amor-ilustraciones-luis-seoane-160321-MLA20747826830_062016-F.jpg

En 1942 escribiu "Torres de Amor", unha obra escrita en castelán
Lonxe
lonxe.jpg

En 1956 escribiu "Lonxe"

Poesía

07portada_Poesia.jpg
Anos despois da súa morte, "Edicións do Castro" publicou "Poesía", que como "Homaxes", era unha recopilación do seus poemas.
Homaxes

3b725c4907354f49b3c75f49339576be.jpg


Dous anos despois da súa morte, "Edicións do Castro" publicou "Homaxes", que como "Poesía", era unha recopilación de obras de Lorenzo.