Dobraox300.jpg
Dobrón de ouro


A moeda da imaxe é un dobrón de ouro acuñado a principios do século XVIII en Minas Gerais ao norte de Rio de Janeiro, en Brasil. Este drobrón é unha das moedas de ouro máis pesadas e con ela imos recompensar o voso traballo na Wiki. Ao lado do nome do autor ou autora da información contida na wiki irán aparecendo as moedas conseguidas. Pasando o cursor sobre elas veredes unha letra que se corresponde coa inicial do apartado ao que fai refencia a moeda.

C.jpgContido (C)

Conseguiredes un dobrón de ouro neste apartado se a información do voso artigo é completa e adecuada. En Está na rede encontraredes unha selección de páxinas onde poderedes comezar o voso traballo de documentación.

Recorda que
  • Debes de redactar un texto persoal coa información básica sobre o autor ou autora que escolleches, tendo en conta que o tema da nosa wiki é a poesía galega de posguerra.
  • Non debes de traer texto directamente (copia e pega) doutras páxinas e se citas un fragmento literalmente deberás de indicar quen é ou seu autor/a. Podes incluír unha cita ao pé do teu artigo ou facer unha referencia do tipo: "como di (nome do autor) en (título do traballo)". Neste último caso podes converter o título do traballo nunha ligazón ao lugar na rede onde o encontraches. Se fas unha cita ao pé e se trata dun texto da rede, podes seguir o seguinte modelo:

Autor, A. A. (ano). Título do traballo. Extraído o (día) de (mes) de (ano) desde (fonte).

Exemplo:
Consellaría de Cultura e Turismo (n.d.). Xosé Luís Méndez Ferrín en Praza das Letras. Extraído o día 31 de maio de 2009 desde http://www.prazadasletras.org/letras/autores/autor/34/xose-luis-mendez-ferrin

Neste exemplo non hai un "autor", pero sabemos cal é o organismo responsábel da páxina (Consellaría de Cultura e Turismo). Como non coñecemos o ano de publiación indicamos a continuación "non data" (n. d.)