Páxina editada 273 veces. Última modificación: Mar 28, 2017 12:15 pm GMT

A Xeración do 36: Caracterización

(Candela)
A Xeración do 36 abarca os poetas e os escritores nados nas décadas de 1910 e 1920 e que comezaron a publicar as súas obras na década de 1950. Ao comezo estes autores consideráronse herdeiros da Xeración Nós, pero máis adiante foron desenvolvendo as súas propias ideas. As obras reflicten a situación social e política na que se vivía. A súa maior contribución á literatura galega foi a poesía socialrrealista. Aquilino Iglesia Alvariño xunto con Celso Emilio Ferreiro son os grandes represantantes desta Xeración.
Promoción de Enlace
A Promoción de Enlace é a xeración que une a Xeración do 36 coa Xeración dos 50. A esta xeración pertencen os autores nados entre as décadas de 1920 e 1930. A súa formación produciuse nas adversas circunstancias dos primeiros anos da posguerra e por este motivo carecen da influencia da Xeración Nós. Os escritores desta xeración tomaron os seus modelos da literatura española e escolleron con frecuencia o castelán como medio de expresión.
Liñas poéticas
As principais liñas poéticas desta xeración foron as seguintes:
-Ruralismo: tendencia literaria que consiste en tomar temas ou escenas da vida rural.
-Hilozoísmo: movemento poético no que o tema principal é a natureza, mediante o uso de prosopopeas (figura retórica que consiste na animación).Caracterízase por unha ampla utilización das cores, ambientación rural, a presenza do mar e o uso do verso octosílabo.
CORAZON_AO_VENTO.jpg
-Neotrobadorismo: movemento poético cuxo tema principal é o amor. Abundan os ambientes naturais (paisaxes, ríos...).
-Imaxinismo: movemento que ten máis continuidade e que consiste na ausencia da figura humana, creando outras novas.
-Clasicismo: corrente intelectual que inclúe a literatura. Expresouse cunha volta cara ás formas clásicas (gregas e romanas) en todas as artes.
-Intimismo: tendencia literaria que consiste na expresión de emocións e sentimentos íntimos.
-Socialrrealismo: poesía de carácter social que fai referencia a temas da vida cotiá e trata as situacións dos máis desfavorecidos. O maior representa foi Celso Emilio Ferreiro.

longa_noite_de_pedra.jpg

Difusión poética
A colección Benito Soto representou a primeira tentativa de recuperación editorial da poesía galega. Foi creada en Pontevedra en 1949. Ten catorce libros editados dos que nove están escritos en galego. Máis tarde se uniría Celso Emilio Ferreiro na dirección literaria.
Logo virían iniciativas como Xistral en Monforte (1952) creada por Ánxel Johán e Manuel María.
Posío é unha das primeiras publicacións de posguerra que recolle textos poéticos en lingua galega.
Alba (A Coruña, 1948-Vigo, 1956), foi a máis importante e aberta revista poética do seu tempo. Entre os seus colaboradores contou con Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro e Díaz Castro e moitas veces dando a coñecer os novos nomes da poesía do momento como Bernardino Graña ou Manuel María.
Aturuxo, revista publicada en Ferrol desde 1958 a 1960. Publicou 11 números contando coa colaboración da maioría dos poetas galegos do seu tempo, como Pimentel, Cunqueiro, etc.
Luís Pimentel
luis pimentel.jpg
Luís Pimentel (Lugo 1885-1958), a pesar de publicar as súas obras na posguerra, era un poeta pertencente á xeración de preguerra. Quería contribuír á recuperación literaria do galego e publicou o poemario Triscos na colección Benito Soto. Nas súas obras son perceptíbeis as influencias da vangarda, especialmente surrealistas e destacan polo seu marcado intimismo.
Poetas desta xeración
María Mariño, Aquilino Iglesia Alvariño, Ricardo Carvalho Calero, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Xosé María Díaz Castro, Dora Vázquez, Pura Vázquez, Xosé María Álvarez Blázquez, Emilio Álvarez Blázquez, Antón Tovar e Luz Pozo.

María Mariño

(Daniel e Santiago)

retrato_mariamarino.jpg
María Mariño

Vida
Foi una escritora que naceu en Noia o 8 de Xuño de 1907
A súa familia era pobre polo que tivo que estudar durante uns anos e logo traballou como costureira. No ano 1946, o día 6 de setembro, tivo un fillo que morreu o 10 de outubro dese mesmo ano.
O seu marido Roberto Posse Carballido foi destinado a Romeor e ela é trasladada por consello médico a Parada do Courel a causa da depresión nerviosa que sofre esta autora.
Faleceu no ano 1967, en maio, a causa dunha leucemia.



Obras
Palabras no tempo (1963)
50072361.jpg

Verba que comeza (1967)
verbaquecomenzapq.jpg

Obra Completa (1994)
9788497824910.jpg

Aquilino Iglesia Alvariño

(Uxía e Graciela)

aquilino_iglesia_alvarino.jpg
Aquilino Iglesia (1909-1961)

VIDA

Nado en Seivane de Vilarente (Abadín, Lugo) o 11 de Xuño de 1909.
Con 14 anos entra no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo. Máis tarde exerce como docente en Vilagarcía e cursa Filosofía e letras en Santiago.
Aquilino exerceu como director de A Nosa Terra e fundou a colección Renacencia.
Ao finalizar os estudos converteuse en catedrático de latín de Ensino Medio, impartindo esta materia en institutos de Lugo, Pontevedra e Santiago de Compostela.
Como lingüísta especializouse no galego popular e redactou monografías como A lengua dos poetas do norte de Lugo; que foi o seu discurso de ingreso na RAG en 1949.
En 1952 volta a Compostela,onde permanecería ata a súa morte, o 29 de xullo de 1961. Alí foi testemuña do abrollar da xeración literaria das Festas Minervais.

OBRA POÉTICA
external image AiiXksYWVSqMEZCvvtLIxg0JQ3-fU2LneRmOsNipTGt2MkoJhh67xZUMnya5_Z03M7YlDK92ZWf89azFKZPVByboOlQBLR01Eav8uTtW39fsrAUsWnp_wHdhWYTpv9Iio8BelD5D-gg
Caben destacar:
-Señardá (1930):1ª obra poética na que o tema principal é a dor.
-Corazón ao Vento (1933): ábrese a correntes como o saudosismo e o hilozoísmo.
-Cómaros Verdes (1947): con esta obra acadou a súa madurez creativa; marcando o inicio da literatura (poesía) galega de posguerra. O tema principal é a sociedade.
-De Día a Día (1960), Lanza de Soledá (1961) e Nenias (1961): maniféstase a madurez e personalidade dos seus versos. Preocupación polo tema da morte.
-Leva o seu Cantare (1963): obra póstuma.

HOMENAXES
- En 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.
- O 12 de xullo de 2009, coincidindo co centenario do seu nacemento, o concello de Abadín e varios escritores celebraron una recepción de autoridades e descubriron una placa conmemorativa na casa natal do poeta.


Para máis información:

RAG- Aquilino
Video
Poema

Ricardo Carvalho Calero

(Noa Viñas)

RICARDO_CARBALLO_CALERO.jpg
Vida

Foi un escritor que naceu en Ferrol no ano 1910.

Estudou Dereito e Foliosofía e Letras en Santiago, onde cumpriu co servizo militar. Carballo estivo integrado no movemento Nacionalista Galego.
Carballo Calero colocouse no bando constitucional cando o golpe militar ocorreu. Ao remate do conflito foi condeado por separatista e encarceado en Xaén. En 1941 volve a súa cidade en liberdade condicional. Comeza a dedicarse ao ensino privado e alí volve contactar cos galeguistas que quedaron no país. Dous anos máis tarde, consegue un posto como profesor no Liceo Rosalía de Castro. Fíxose membro da real academia no ano 1958 e foi nomeado titular da cátedra de Lingüística e Literatura en 1972. Ricardo foi un gran defensor das teses etimolóxicas que estas continuarán no movemento reintegracionista.

Faleceu en Santiago de Compostela no ano 1990.

Obra Poética

- Vieiros, 1931. Un poemario de temática variada e tumultosa.

"Vieiros"
"Vieiros"


- O silencio axionllado, 1934. Poemario que evita a unidade temática, recolle versos escritos entre os 21 e os 24 anos.
Capa de "O silenzo axionallado"
Capa de "O silenzo axionallado"


- Anxo da terra, 1950. Poesía cargada dunha grande preocupación filosófica e existencial, é un poemario de corte intimista.

"Anxo de terra"
"Anxo de terra"


Se queres acceder a máis información sobre Ricardo Carballo Calero clica aquí.

Álvaro Cunqueiro

(Nerea e Emilio)
cunqueiro001.jpg
Álvaro Cunqueiro



Vida:
Naceu en 1911 en Mondoñedo. En 1921,estudou bacharelato en Lugo,matriculándose en Filosofía e Letras en Santiago aínda que non a rematou por traballar como xornalista.
En 1930 publicou varios artgos na revista Vallibria,unha revista local de Mondoñedo. En 1931 únese ao Partido Galeguista e nese mismo ano coñece a Luis Seoane, grazas ao cal decide dedicarse a escribir. En 1936 impartiu clases nun colexio privado.Colaborou na publicación local falanxista Era Azul,durante a Guerra Civil. Exerceu como periodista en Donostia,Vigo e Madrid. En 1940 casa con Elvira Seoane,coa que terá dous fillos.En 1960 traballará como cronista oficial de Mondoñedo,e ao ano seguinte traballará para o Faro de Vigo. En 1963 ingresa na RAG. En 1965 será nomeado como director do Faro de Vigo e recibe o título de fillo predilecto de Mondoñedo.En 1966 recibe outro premio,o Conde Godó. En 1973 logra a Medalla de Ouro de Mondoñedo.Morre en Mondoñedo en 1981 e en 1991 celébranse as Letras Galegas no seu honor.


OBRA POÉTICA

-Mar imgres.jpgao norde (1932): Neste poemario o autor conseguíu combinar o pulo das vangardas do século XX coa inspiración herdada da poesía galego-portuguesa. É un poemario ilustrado por Luís Seoane









P. Si Non.jpg
-Poemas do Si e do Non (1933): Contén unha falsa historia de amor contada en versos surrealistas e acompañada polos debuxos de Luís Seoane.












1263229926353m5acunqueirocantiganova000.jpg
-Cantiga Nova que se chama Riveira (1933): Despois da primeira edición de este poemario seguíuse a editar, e con cada nova edición fóronse añadindo
poemas.


resized_image2_a7f9cd4da1f820c292dfc51d38b0541d.jpg
-Dona do corpo delgado (1950): Poemario surxido da profunda soidade que sentía Álvaro Cunqueiro, un período difícil pero extraordinariamente creativo. Estes poemas teñe unha calidade táctil, suave e cálida, malia a todo pódese apreciar a súa amargura.








9788471580887.jpg
-Herba de aquí ou acolá (1980): Poemario con notables e vistosas pegadas do neotrobadorismo e do vaguardismo, incluso da modernidade.











Xosé María Díaz Castro

(Martín)
BIOGRAFÍA
Naceu nos Vilares de Parga-Guitiriz no ano 1914. Ingresou no Seminario de Mondoñedo e tras abandoar os estudos esclesiásticos en 1936 estudou Filosofía e Letras na universidade de Salamanca.
Mudouse a Madrid no ano 1948 onde traballou como tradutor e profesor.
Tras unha vida entregada á tradución, á investigación e ao encino o poeta ligues falleceu en Lugo en 1989.

OBRA
En 1961 publicouse o seu único poemario, `Nimbos', que recollía o seu poema máis coñecido, Penélope. Este poema trata a intrahistoria dos pobos galegos, a emigración e a esperanza frustrada de Galicia.

RECOÑECEMENTOS

A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2014 coincidindo co centenar do poeta.

Celso Emilio Ferreiro

(Diego Prieto e Belén)

ferreiro.jpg
Celso Emilio

BIOGRAFÍA:
Naceu en Celanova no ano 1912. Estudou no mosteiro de San Salvador. No 1932, cofundou as Mocedades Galeguistas de Celanova. No 1937 é chamado a filas polas tropas franquistas para a Guerra Civil, e vai a Asturias. Cando finaliza a guerra, retorna a Celanova. Colaborou na colección de poesía Benito Soto, fundada no 1948. No 1943 casou con Moraima. No 1964 cofunda o UPG (partido político, Unión do Pobo Galego).

A súa marcha a Venezuela foi debida a dificultades económicas, á presión política e a esperanza de atopar unha Galiza nacionalista. No 1966 emigrou a Caracas e traballa na Hermandade Gallega Venezolana. No 1967 funda e preside a Agrupación Nós. No 1970 comeza a traballar no gabinete do presidente Rafael Caldera.

Regresa a España no 1973 e marcha a Madrid, e traballa nunha revista. Afiliouse ao Partido Socialista Galego. Un derramo cerebral acabou coa súa vida no 1979, e foi enterrado en Celanova. Dedicoúselle o Dia das Letras Galegas no 1989.

POESÍA DE POSGUERRA:
A obra poética de Celso Emilio Ferreiro ten varias características: volve ao realismo social na poesía. A poesía está marcada polas vertentes socias, intimistas e sobre todo, satíricas.

o soño sulagado.jpg
-O soño sulagado (1955). Trátase dun conxunto de 31 composicións que tratan o intimismo, a crítica social e a sátira.


-Longa noite de pedra (1962). Obra representativa do lírica galega de posguerra. Foi un alegato antifranquista e unha fonte de inspiración para moitos poetas. Esta obra foi creada durante a súa estancia na cárcere en 1937, tras ser detido por facer un
1º edición longa noite.jpg
comentario político. A temática fundamental é a denuncia contra o franquismo e a burguesía.







-Viaxe ao país dos ananos (1968). Obra satírica que denuncia a súa marcha forzada da Hermandad Gallega.

-Onde-o-mundo-se-chama-Celanova-i1n19072.jpgOnde o mundo se chama Celanova (1975). Conxunto de 15 poemas. É a súa obra máis intimista.











Para máis información sobre Celso Emilio Ferreiro:
Fundación Celso Emilio Ferreiro
Galipedia


Antón Tovar

(Noemí e lorena)
antonio-tovar-bobillo.jpg
Antón Tovar
Biografía
-Naceu na localidade ourensá da Pereira (Rairiz de Veiga) no ano 1921. Pasou a súa nenez en Celanova.
-Iniciou en Santiago de Compostela os estudos de Filosofía e Letras, carreira que abandonou para ingresar como novicio nos Xesuítas de Salamanca seguindo a súa inclinación relixiosa, que abandonaría un ano despois.
-En 1942 gaña a oposición a Contador do Estado, foi destinado a León e máis tarde a Ourense e foi funcionario do Ministerio de Facenda até 1967 cando foi expulsado pola súa militancia clandestina no Partido Comunista.
-Traballou na libraría Tanco onde tivo acceso a libros prohibidos pola censura.
-Morreu no 2004 tras o agravamento dunha afección respiratoria que sufría, foi enterrado no cemiterio de San Francisco en Ourense.
-Careceu de influencia da xeración Nós e información sobre o nacionalismo galego.



Características da súa obra
-A poesía de Antón Tovar está na liña intimista da posguerra e é un dos poetas máis relevantes .
-Nun principio publica en castelán e finalmente escribe só en galego.
-A súa obra ten un marcado sentido tráxico da existencia e tamén de rebeldía ante as miserias do mundo.

Antón_Tovar_Arredores.jpg
Arredores

Obras
descarga (1).jpg
Non

-Arredores (1962)
-Non (1967), na que o autor mostra un pesimismo atroz.
-Poesía galega completa (1974), que recolle os dous primeiros libros e o poemario inédito "O vento no teu colo".
-Calados esconxuros (1980), poemas dedicados a reivindicación do idioma.
-Berros en voz baixa (1990)
-A nada destemida (1991)
-Cadáver adiado (2001), onde se concentra o pesimismo presente ao longo de toda a súa produción.

-Máis información sobre Antón Tovar:
Biblioteca Virtual Galega - Antón Tovar
Antón Tovar, Historia da Literatura Galega
A Rabela da Pluma (versos de Antón Tovar) de Anxo Rei

Luz Pozo

(Alba e Gabriel. Precisa revisión ortográfica)
Biografía:
Luz Pozo Garza naceu no ano 1922 na vila luguesa de Ribadeo no seo dunha familia de clase media de ascendencia fidalga. Sendo tan so unha nena mudouse a Viveiro, ata o comezo da guerra civil.
Nos seus primeiros anos está en contacto co Mar da mariña Luguesa e nace a súa afección polo arte.
O conflicto bélico desencadeará a persecución política e o encarceamento do seu pai, militante republicano, polo que a súa familia abandona Viveiro e vai a Lugo, tempo despóis vense obrigados a residir en Marrocos onde ten lugar a morte do seu irmán e a restitución do posto de traballo do seu pai(inspector veterinario). Residen alí dende 1938 ate 1940, Data na que voltan a Viveiro. Xa alí Luz remata os seus estudos secundarios,e en 1949 remata a carreira de piano no conservatorio da Coruña, dende ese mesmo ano tamén forma parte da RAG. En 1963 licenciase en filoloxía Románica na universidade de Oviedo. En 1964 aproba as oposicións de profesora adxunta de Bacharelato de Lingua e Literatura españolas, que a levan a impartir clases nos institutos de Badaxoz, Corcubión -como directora- ou A Coruña, lugar onde residiu dende 1964 ata 1977. A partir do ano 1980 exerce como catedrática de Lingua e Literatura españolas en Nigrán e Vigo. Finalmente xubílase en 1982 e reside na Coruña a día de hoxe, e desenvolve unha vida cultural moi intensa participando en seminarios e conferencias etc
O seu primeiro traballo editorial comezou na revista Nordés, revista de poesía e crítica, que na súa primeira andaina, dirixiu con Tomás Barros, pero por ser muller tivo que figurar como subdirectora. Na segunda etapa dirixindo esta revista, levou a cabo 22 artigos máis en solitario desta revista. Na actualidade dirixe Clave Orión: poesía, arte, música, en once números de carácter universalista. Participa en diversas revistas nacionais e estranxeiras.
Deu conferencias e participou en diferentes seminarios en diversos lugares.
Comeza a súa labor como poeta en diversas publicacións periódicas de caracter local ( EX: Las Riberas del Eo) , Posteriormente de carácter galego ,español e internacional. Alborada (Bos Aires), Ínsula (Madrid), La Noche (Santiago)

Obra:

As súas obras abranguen títulos como:

POESÍA GALEGA

-O paxaro na boca (1952), que inaugura a colección Xistral, que dirixía Ánxel Xoán; Cita en el viento, (1962)
Temática amorosa, libro co que comeza a súa traxectoria como poeta en galego
external image -bB816GXIChDX_BXIXw98Dhph9UGcsHesX_3XVi8EgXxo9ufJwNwQi76gKb8NWaxpksMH6f6-9dMliOiiheujqwGhqCYV5kzQwj17BfPNSzCIUlsHnGPtYSKJBSCnLhPwKERB0lvr-0

-Últimas palabras/ Verbas derradeiras (1975), poemario intimista que rompe todas as convencións ortográficas e no que reflexiona sobre a morte, a dor, o desamor e a angustia
external image 33khPSVXxwVua9MedGHFqOQRyGfoI0lwZXQTt2vQECOjmi6ZxUYX5H5ywvwnTMhEdTF-dgKFZ-40Uw6Yim-Yh0NbqQ1ipQMwGSidlWs3efJLQmVyq7TqvTvpHci88JC5e1yEwhrNMRY

-Concerto de outono (1981) É O seu terceiro libro en Galego
external image G-3z9kZCtKzCJeBCQYTK9ZMS7zWwV8jP99liFae8GTnyEPlRYpBWLrlnFwTxZZ0FyHtaViwbS2Lo0704Bl3oVgxAl6UwRlSIDSU8uUYrdVSFzoNgKVa4gZZMhDX_A0l_t6leE6VyYow

-Códice Calixtino (1986)
(Sotelo Blanco,Barcelona ,1986) é un poemario que volverá a ser publicado no 1991 en Edicións Xerais, con novos poemas engadidos por Luz
external image bqsapA4BIn3Nq5nIsZZAIIr9VlxdTv-YYWKS_CnN_MCjGVUCOLXEPbCskl6jWwWEvyw4hoTQJ-DoEJI9ukMexvJDDiiBT0Fg1mReL5QHzt6tMXlR2G3UrxMC6rMnyT3FG0Qx-plTBYc

-Prometo a flor de Loto, poemario concibido como un diálogo co finado Eduardo Moreiras (o seu segundo esposo), que foi gañadora do Premio Miguel González Garcés en 1992
external image DMGxeGlCyr0MAb-ejm7x55zGp6oGewGcdBcx96lpRApqNX2YIuYR5CP0vMJYHO8mR_aSFQ6ZPPDRp_4fPB91Jcs6dJRPasAkVNLzS2mTkiH7ec3pL9uIIJ5tLBZ8URYNDzVOouZOXGg

-Ribadeo, Ribadeo (2002)
external image pcIOkTgmECoiH-osz3oApWYksWfpIYaYs701MA2q2qQN9pOrtvAGIlGYIqCim0-awO1oYj7xT4xKpW_S_ltb-vc1X6HTWdlV7rtdWKuEOH4i1imaXC9hTVmxdrH8pd9Ep9vvHvlSBGg

-Medea en Corinto (2002)
external image UWKK6MfgijzmJLYAQ7f4FtLvKk8Qf77YiJQU2hZbLAO9dmHRqkVDNKfDYBoSDxCZ2AzFOl4rOWb6jpiOS7Cg4EE9fs9vPlcYf9MBZZcj6vNvIRfIzVv7zw2M_byLNlIGSh7552Y2YoE
-Deter o día cunha flor (2009)
00106520794733___P1_600x600.jpg

RECOPILACIÓNS

-Historias fidelísimas (Antoloxía, 2003)
external image gEaRKAf2p_Kh88kPY2frcEp1GdlNlkdOjmY345h0dJoNxudPdz9794H5wYw1OmofWJ7N7GLFiHINelnOCFlo9hk3JNErxcmLgmwDQejAg2vhkPYaIKpvAb39jHvLHHJzvxpT_s1yAyA

-Memoria Solar (Poesía Completa, 2004), que recolle catorce poemarios de 1949 a 2004.
external image WlgSNFWY1ey12lQfPchGqxiitpaDe0Fu94MawzvVacw3HH7fxnt1zkfnT6YeKgndpG0DTnxBYxu8C0ik7uzbVaOKUkwLltxtK-YgoDTBvZOgaPkfMRuh1Ajlg1QDburNrCVYgjEMKeI

Os seus poemas traducíronse a diferentes idiomas como; o portugués, o catalán, o francés, o alemán, o húngaro, o xaponés, o inglés e ruso.

POESÍA ESPAÑOLA
Anáfora : primeiro poemario en español (Vigo 1949) obra vitalista
El vagabundo (1952)
Cita en el viento (1963 , editado en Viveiro) Referencias Mariñas

ENSAIOS
-Álvaro Cunqueiro e Herba aquí ou acolá 1941
portada-i6n252821.jpg
-A Bordo dun barco sen luces 1990
-Galicia Ferida 1994
-Ondas do mar de vigo 1996