Páxina editada 279 veces. Última modificación: Mar 26, 2017 8:20 am GMT

A XERACIÓN DOS 50: Caracterización

(Sheila e Andrés)


Denominamos como Xeración dos 50 a unha serie de escritores que irrompen nesa década no panorama cultural galego, a sombra do Grupo Galaxia pero cunha decidida vocación renovadora que se vai manifestar moi axiña na literatura, na arte e na actividade política.

Caracteristicas principais
-Esta Xeración está formada por un grupo de escritores que nacen entre 1920 e 1930. Son expoñentes da posguerra e danse a coñecer no 1950 cos seus poemas.
-Estes autores teñen como mestres aos autores da xeración do 36 e tamén as figuras historicas ligadas a editorial Galaxia.
-Esta Xeración tivo dous nomes "La Noche";Púxoselle este nome por participar no xornal Santiagués, La Noche, que foi unha canle de recuperación de expresión cultural dos mozos da época.
Tamén tivo o nome de "Festas Minervais", Púxoselle por participar os poetas na restauración de concursos literarios na Universidade de Santiago.

Maniféstanse en dúas liñas poéticas sucesivas
-A Escola da Tebra foi unha das correntes dominantes da poesía galega posterior á Guerra Civil Considérase inagurada en 1950, coa publicación "Muiñeiro de Brétemas" de Manuel María e con "Fabulario Novo" (1952) de Cuñas Novás. Principales temas: a morte, a soidade e a desesperanza.

-O socialrealismo, poesía de denuncia social, os temas principais son: a opresión, a guerra, e o sentimento por Galicia. Obras principais: "Antoloxía popular" (1972), de Mendez Ferrin, "Letania de Galicia", de Uxío Novoneyra e a "Poesía enteira de Heriberto Bens" (1980) de Mendez Ferrin.

Grupo Brais Pinto
Creación do Grupo Brais Pinto, foi un grupo de vida moi curta creado en Madrid que pretendía unha renovación da cultura galega, representaba as inquedanzas dunha xeración que pretendía impulsar o nacionalismo durante a etapa franquista ,buscando ser un exemplo de loita na nosa terra, neste grupo participaron membros desta Xeración.

external image pintopinto.jpg
-




Colección Illa Nova
-Creación da colección "Illa Nova", Esta colección que a Editorial Galaxia ofrece aos novos escritores acolle boa parte dos libros dos novos escritores e ábrelles as vías da publicación periódica de novos productos.

Autores principais
Nesta Xeración forman parte varios poetas con obras importantes como: Manuel María ("Muiñeiro de Brétemas"), Xohana Torres ("Estacións ao Mar"), Uxío Novoneyra ("Os Eidos"), Salvador García Bodaño ("Ao pé de cada hora"), Xosé Luis Méndez ("Voce na néboa"), Bernardiño Graña ("Profecía do mar") e Manuel Cuña Novás.("Fabulario Novo").

Manuel Cuña NovásC.jpg

(Pablo e Lucía)

Naceu en 1926 en Pontevedra pero tivo que mudarse moi pronto a Cidade Real por motivo da guerra. Por causa desta volve a Galiza. Casou aos 19 anos e tivo dous fillos.
Comezou a escribir ao final da súa adolescencia publicando artigos en revistas como Sonata Gallega, Finisterre ou Litoral. Participou nalgúns certames literarios. En 1950 gañou o premio de poesía na Festa das Letras de Barcelona co poema Noite maior en competición con poetas como Fermín Bouza Brey e Emilio Álvarez Blázquez.
Non cursou estudos de grao superior. Exerceu como xornalista no Diario de Pontevedra e como funcionario administrativo do Concello de Pontevedra.
En 1951 viaxou a París grazas a unha beca da Deputación de Pontevedra. Alí coñeceu ó premio nobel de literatura Albert Camus e outros filósofos da época, e mergúllase nos ambientes existencialistas. Alí traballa nun forno crematorio manipulando cadáveres.
En 1982 é elexido senador do PSOE en Pontevedra ata que falece en 1992. Durante a súa vida enfermou de tuberculose, sobreviviu a unha grave leucemia e tamén sufriu depresión.

A súa obra pertence á corrente literaria coñecida como “Escola da Tebra”. As súas obras máis importantes son:
  • Frauta na noite(1947): poemario influído polo hilozoísmo e o neotrobadorismo. Premio do Centro Gallego de Bos AiJfuqkjVnjL.jpgres.
  • Fabulario novo(1952): Colección Benito Soto, reeditado en 1991 por Vía Láctea na Colección Merlín e familia. Segue as ideas de Frauta na noite pero
    engade un ritmo pausado con versos libres. É poesía existencialista, que Manuel Cuña coñecera en París. Poemas longos con influencia surrealista e neotrobadoresca. Caracterizados polo sentimento de angustia e actitude desesperada que se amosa nos temas recorrentes: tebras, escuridade, desacougo, dor existencial, angustia... Esta obra foi unha das maiores representantes da Escola da Tebra con moita influencia nos poetas do seu tempo.

  • Canto e fuga da irmandade sobor da terra e da morte (1977) : poema longo, reflexión sobre Galicia con abundantes recursos repetitivos, inspirado nas terras do Caurel.



Manuel María

(Eli)

Manuel_Maria_02.jpg
VIDA:
Manuel María naceu o 6 de outubro de 1929 en Outeiro de Rei. Estudou bacharelato en Lugo. Comezou a escribir influenciado polo seu tío (moi formado en filosofía e literatura) e coa axuda dun dos traballadores da súa casa en Outeiro. Empezou a carreira de Filosofía e Letras pero só rematou o primeiro ano.
Participou no certame literario: Jóvenes Valores Lucenses, e é a partir de aquí cando comeza a súa relación cos intelectuais galegos.
Colaborou coa reorganización política de Galiza no ano 1960. Tamén na Nova Canción Galega, que o converte nun dos poetas máis cantados. No 1975 renuncia ao seu posto na RAG e dona a súa libraría: Xistral (anteriormente revista e posteriormente editorial) ao Frente cultural da AN-PG. Entre 1964 e 1975 é concelleiro en Monforte polo BNPG. No ano 1985 abandona a política e dedícase exclusivamente á cultura e á actividade literaria. A partires de aquí comenza a colaborar coa Asociación Socio Pedagóxica Galega (ASPG) e coa Asociación de Escritores en Lingua Galega. No 2003 entra na RAG como académico numerario.
Morre o 8 de setembro de 2004.
Dedícaselle o día das Letras Galegas no ano 2016.


OBRA POÉTICA MÁIS RELEVANTE:
1ª etapa: existencialismo (1950-53):
-Muiñeiro de Brétemas (1950): Inaugurou a denominada 'Escola da Tebra', caracterizada pola influencia da filosofía existencialista.
-Morrendo a cada intre (1952): escrita tras a morte do seu irmán pequeno. Obra na que expresa o seu desengano relixioso.

2ª etapa: paisaxística humanitaria (1954):
-Terra Chá (1954): obra na que non fala del senón do que lle rodea, o que ve. É unha especie de denuncia.

3ª etapa: compromiso político (1956-80): obras nas que defende a lingua, a nación e as clases desfavorecidas.
-Laio e clamor pola Bretaña (1973)
-Informe para axudar acender unha cerilla (1973)
-Poemas para construír a patria (1977)

4ª etapa: intisimista e de amor (1980-): obras escritas depois da morte de Franco, parecidas ás primeiras pero amosando máis madurez, trata a nostalxia da infancia.
-Poemas á casa das hortas (1997): dedicado á súa casa.
-Brétemas do miuñeiro (2000)


Ademáis de contar con numerosas obras narrativas, teatrais, poéticas e milleiros de artigos xornalísticos.


Uxío Novoneyra

(Manuel e Brais non editaron este artigo)

uxio-novoneyra.jpg
Uxío Novoneyra

A súa amizade con Manuel María e a relación que iniciara durante a súa estadía en Santiago con Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo e sobre todo co pintor Carlos Maside, quen influirá moito en todos eles, vai determinar a súa traxectoria literaria. En Madrid, onde traballa para os medios audiovisuais entra en contacto co grupo Brais Pinto.

A súa obra poética que non é moi extensa, está centrada e ambientada na súa terra de orixe, O Courel. Publica Os eidos (1955), obra que revisa e amplía en Os eidos 2 (1974), e entrega no ano 1981 co nome de Os eidos (libro do Courel). É unha poesía cunha linguaxe sintética e esencial. O home está no centro da paisaxe e entrégase á reflexión sobre a vida e a morte. Esta relación coa terra serve para expresar por tanto a preocupación existencial do home no cosmos e manifestar que o poeta é capaz de identificarse coa terra, nunha dimensión místico-panteísta, seguindo a tradición literaria galega e oriental (chinesa e xaponesa) dos haikús.
Os recursos expresivos empregados por Novoneyra son tomados da literatura popular (rimas, repeticións...) ou da culta; tamén utiliza recursos expresivos vangardistas como o fonosimbolismo (aliteracións vocálicas con funcións simbólicas diferentes, uso de puntos suspensivos, silencios...). Nos seus Poemas caligráficos (1979) ensaia coa tipografía, a escrita fonética, o trazo caligráfico. A xpresión pode estar concentrada nun só verso: “Chove pra que eu soñe...”

Como os outros poetas da súa xeración ten unha preocupación social que aparecerá en poemas de grande plasticidade e modernidade. “Viet Nam canto” (1969) e “Letanía de Galicia” (1970) son dúas composicións que aparecerán no libro solidario Do Courel a Compostela (1986). No libro, Muller pra lonxe (1986) aparece recollida a súa poesía amorosa e erótica.

C.jpgBernardino Graña

(Marta e Alejandro)

B_GRAÑA.jpg
Bernardino Graña
VIDA
Bernardino Graña Villar naceu o 27 de setembro de 1932 en Cangas do Morrazo (Pontevedra). Estudou bacharelato en Rivadavia e Vigo. Comezou a carreira de Filosofía e Letras en Santiago e posteriormente rematouna en Salamanca e Madrid tras unha interrupción. Exerceu como profesor de castelán en diversos institutos dentro e fóra de Galicia. Foi codirector da revista poética Alba e colaborou en xornais como La Noche e Faro de Vigo, ademais, foi premiado nas Festas Minervais. Fundou, xunto con moitos outros intelectuais galeguistas, o Grupo Brais Pinto e foi o impulsor e primeiro presidente da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega). É socio honorario da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) pola súa colaboración ecolóxica a través da súa poesía e tamén é membro da RAG.

external image v5bernardinogranhaseonosoamoreospeixes000.jpg
PRODUCIÓN POÉTICA
Da súa creación poética cabería destacar:
"Poema do home que quixo vivir" 1959: onde comeza como poeta existencialista.
"Profecía do mar" 1966: que alude á súa xente e á súa terra e mar mediante unha linguaxe chea de termos mariñeiros.
"Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen"1980: que fai unha homenaxe a outros poetas.
"Himno Verde"1992: no cal amosa unha preocupación ecolóxica.
"Ardentía" 1995: onde se atopa recollida toda a súa poesía.

PRODUCIÓN NARRATIVA E TEATRAL
Tamén fixo grandes contribucións á literatura mediante a creación de pezas teatrais como "Os burros que comen ouro nunca cabalos serán"1992 e a través de novelas adultas como por exemplo "Protoevanxeo do neto de Herodes" 2005 e contos infantís como"O gaiteiro e o rato Pérez"1994.
0804507001193763417-o-gaiteiro-e-o-rato-p-rez.JPG

Para obter máis información sobre Graña podes visitar os seguintes enlaces:
Bernardino Graña, Biblioteca Virtual Galega
Beranrdino Graña na AELG
Bernardino Graña na RAG





Antón Avilés de Taramancos

(Ekaitz e Laura)
O artigo precisa unha revisión lingüística

Antón Avilés de Taramancos nace na aldea de Taramancos , preto de Noia no ano 1935 da que tommou o seu nome literario .

Realizou estudos primarios e bacharelato e vén á Coruña para estudar Náutica aínda que finalmente non realizou esos estudos .Pariticipa na revista Tapal e Grial. Cumpre co servizo militar en Ferrol e cando remata, no ano 1957, ven á Coruña e retoma amizades como a de Urbano Lugrís , pintor e amigo do poeta que foi unha influencia decisiva na formación e personalidade do poeta . No 1961 migra a Santiago de Cali onde a súa actividade literaria ocorre de xeito independente á dos seus compañeiros de xeración ,
pero aínda así el sigue escribindo , escirbiu un pranto por Urbano Lugrís na Voz de Galicia e escirbiu tamén Poemas de ausencia , e instálase alí no ano 1971 , tres a
nos despois vén a Galicia e no ano 1984 trasládase coa súa familia de maneira definitiva . Foi vicepresidente da Asociación Cultural Cataventos , presidente da Asocicación de escritores en Lingua Galega e participou no BNG en Noia . Día das letras galegas no ano 2003 .

Falece por causa dunha enfermidade no ano 1992 na cidade da Coruña . 0845523001192792914-anton-aviles-de-taramancos.jpg

As obras de Antón Avilés de Taramancos son:

"As moradías do vento " , publicada no ano 1955 é unha expresión da paisaxe e o autor emprega unha elocución equilibrada , versos endecasílabos , rexistro formal e unha sabiduría lingüistica que o alonxan das producións típicas da súa xeración .

"O tempo no espello", publicada en 1982 na editorial Ediciós do Castro. Compila a obra poética antes de voltar a Galicia.

"A frauta y-o garamelo", publicada en 1959 en A Coruña. É unha serie lingüistica que designa aves e os paxaros


"Cantos caucanos", publicada en 1983-1984 en Noia. Expresa a súa saúdade polo país americano ( Santiago de Cali) , a súa patria . Foi premio Nacional da Crítica no ano 1985

"As torres no ar", publicada en 1989 en Santiago. Está composto por 36 poemas e divido en tres partes nas que recorren os temas de amor , saúdade e natureza."Última fuxida a Harar", publicada en 1992 en A Coruña.

Máis información nos seguintes enlaces :
http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/aviles-de-taramancos.html

http://academia.gal/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/14257

Xosé Luís Méndez Ferrín

(Bárbara)

48b7df1b38e64Ferrin.jpgVida
Ferrín nasceu em Ourense no dia 7 de agosto de 1938, alí fez o primeiro curso de bacharelato, logo depois na cidade de Pontevedra acaba os estudos de ensino meio no colégio da Inmaculada Concepción. No ano de 1955 começa os estudos de Filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, no ano de 1958 se relaciona com o grupo Brais Pinto. Depois de o serviço militar em Canarias entre os anos de 1962 e 1964, trabalha como professor da escola Fingoi. Foi detido e condenado três vezes, logo depois viaja a América morando em Buenos Aires e Montevideo, onde participa nos Jogos Florais. Em janeiro de 2010 até fevereiro de 2013 foi presidente da RAG.


Produção poética
  • Voce na néboa, 1957. Seu primeiro poemario
  • Sirventés pola destrucción de Occitania, 1975.
  • Antoloxía Popular, 1972. Com o pseudónimo de Heriberto Bens.descarga.jpg
  • Con pólvora e magnolias, 1976.
  • O fin dun canto, 1982.
  • Erótica, 1992.
  • Estirpe, 1994. Premio Losada Diéguez.
  • O outro, 2002.
  • Era na selva de Esm, 2004.
  • Contra Maquieiro, 2005. Premio Losada Diéguez.


Produção narrativa máis importantes
  • Percival e outras historias, 1958.
  • O crepúsculo e as formigas, 1961descarga (2).jpg
  • Arrabaldo do norte, 1964.
  • Elipsis e outras sombras, 1974.


Para saber mais sobre o autor, entre nos seguintes enlaces:

Historia da Literatura galega As-PG
Ferrín na páxina da RAG


Arcadio López Casanova

(Andrea e Diego ST)
López Casanova
López Casanova

Vida:
Naceu en Lugo no ano 1942 e pronto se traslada a un pobo desta provincia O’ Páramo onde vive coa avoa e Estudia Bacharelato. Rematado o Bacharelato marcha para Santiago de Compostela a estudar Filosofía e Letras, onde entra en contacto coas figuras máis importantes do galego. Fai colaboracións en xornais e mesmo organiza conferncias, homenaxes e mesmo funda a editorial Ronsel.No ano 1965 inicia unha relación con Carmen Paramio, coa que casará tres anos despois. Comeza a impartir dodencia baixo a dirección de Ricardo Carballo en Lugo e no ano 1968 acada unha cátedra de Lingua Castelá polo que se marchara a Valencia a impartir clases onde tamén desenvolverá unha tarefa con Eduardo Alonso. Finalmente no ano 2012 ingresa na RAG. Actualmente aínda vive.



Obra poética:
  • Palabras de honor (1969)
  • Iniciouse un período de silencio creativo durante o cal se adicou a investigaciones filolóxicas, ademáis tivo problemas co goberno.
  • Memoria dunha edá (1976) e Mesteres (1976)
  • Obras dun intimismo fondo e silencioso, profundamente personal, que presentan una visión amarga e pesimista do ser humano
  • Noite do degaro (1994)
  • É un libro escrito en base a dous modelos: o soneto e a tradición lírica medieval, deespistou moito polo uso das formas neotrobadorescas

Palabras de honor (1967)
Palabras de honor (1967)
Memoria dunha edá (1976)
Memoria dunha edá (1976)
Noite do degaro (1994)
Noite do degaro (1994)
Mesteres (1976)
Mesteres (1976)